Sexta-feira, Março 07, 2008

Condena do atentado de hoxe

Os partidos políticos, antes de reunirse esta tarde no Congreso dos
Deputados, emitiron xa numerosos comunicados de condena respecto do
asasinato do ex concelleiro do PSE, Isaías Carrasco.

Nunha reunión urxente, a Dirección Nacional do Bloque Nacionalista
Galego acordou notificar aos medios de comunicación a súa “máis enérxica
condena perante o execrábel asasinato do ex concelleiro vasco. Así
mesmo, os nacionalistas transmiten no mesmo comunicado “as súas
condolenzas aos familiares e achegados, así como a súa solidariedade ao
Partido Socialista”.

Como xa adiantamos en GzNación, o BNG “vai suspender todos os actos
programados para o último día de campaña, como testemuño da súa repulsa
perante a barbarie terrorista e como tributo solidario en homenaxe a
Isaías Carrasco”.

Por último, a mesma comunicación de prensa condena “a miseria moral do
terrorismo representa un intolerábel atentado contra os dereitos humanos
máis elementais e obriga a todas as forzas políticas democráticas, a
todos os pacifistas, a manter unha acción unitaria e a non facer uso
político non electoralista da violencia”.

*Condena de Touriño*

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, manifestou tamén "a condena
máis firme e a repulsa máis enérxica" do pobo galego fronte ao atentado
terrorista. Tamén mediante un comunicado, o xefe do Executivo galego
transmitiu a solidariedade, o afecto e a proximidade dos galegos aos
familiares da vítima mortal, e en nome propio e do seu goberno lamentou
o asasinato "a mans da banda terrorista ETA".

Touriño resaltou tamén a firme necesidade de que todas as forzas sigan
traballando pola paz e a defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns,
"fronte aos que queren danar a convivencia en paz e pluralidade da
sociedade". Así mesmo, expresou o seu total respaldo ao labor dos
membros das forzas e corpos de seguridade do Estado contra a violencia
terrorista.

*Núñez Feijóo*

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, tamén mostrou o seu
rexeitamento polo falecemento de Isaías Carrasco e afirmou que a banda
terrorista é o "estigma" que ten o Estado e que seguirá matando ata que
se consiga terminar con ela.

Do mesmo xeito trasladou a súa pésame á familia do ex concelleiro, así
como ao PSOE, explicou que o "único obxectivo" de ETA é "matar e
asasinar". O líder do PPdeG asegurou que ETA non quere nin dialogar, nin
vivir en democracia, nin buscar a paz, xa que é "unha organización
totalitaria que só busca o medo e romper a vida da xente".

PONTEVEDRA ESCENICA.KIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS

Sábado, Fevereiro 23, 2008

DIA 27 DIALOGOS ALTERMUNDIALISTAS

Quinta-feira, Fevereiro 21, 2008

CASA GALICIA-21/02/08-espectáculo teatral

Querido/a amigo/a:

El próximo jueves, día 21 de febrero, a las 20,00 horas se presentará en
la Casa de Galicia, dentro del Ciclo ReCrea Galicia, el espectáculo
teatral, AIREANDO DESAIRES por Olaia Pazos y Cris Mariño.

Aireando Desaires son paisajes de mujeres en pie de queja, que se
acercan y se alejan, un sí, un tal vez, un sí es no es, un para qué, un no….

Monólogos breves enlazados entre sí y salpicados con momentos musicales
y comedias.

Cris Mariño comienza su andadura teatral en 1996 formando parte desde
entonces de distintos grupos amadores de la comarca. Profesionalmente ha
trabajado en diferentes montajes de las empresas de espectáculos
Trebellar y Diver-Show, así como en el grupo de teatro infantil
Güivi-Trivi del que fue fundadora. Actualmente estudia último curso en
al Escuela de Formación Actoral de Narón, una de las escuelas de
referencia en Galicia. También es cantante en el grupo Nois. En estos
momentos forma parte de la dirección de la asociación teatral O aturuxo
de Melpómene, de la que es confundidora.

Olaia Pazos comienza su formación en la escuela de teatro de Narón, bajo
la dirección de Lino Braxe, en el año 1997.

Actualmente rueda su primer papel protagonista en el largometraje, “El
tiempo de Plácido Meana”, dirigida por Kike Narcea. Además continúa con
los proyectos teatrales, “DesConcierto con Tropezones” y “Proxecto Titánide”

Veremos un proyecto teatral muy interesante.

Recibe un cordial saludo,

Alfonso S. Palomares

Director de la Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
28014 Madrid
Tel.: 91 595 42 00/595 42 14 - Fax: 91 595 42 09
Correo-e: casa.galicia@xunta.es

A igualdade dos partidos centralistas dá mais importancia ao voto do BNG.

Como simpatizante do bloco sinto que meu voto é nestas eleições mais útil que nunca. Demonstrou-se que na legislatura anterior os deputados do BNG lograram para a Galiza, em exclusiva, mais do que em todo o que levamos de democracia todos os parlamentarios do PP e socialistas juntos. Eu faria um apelo aos militantes desta organização nacionalista galega para que façam ver à gente este facto que sem dúvida se não tinha dado anteriormente com tanta clareza.
Qualquer dos dous partidos centralistas que ganhe as eleições vai ter que contar com os votos dos nacionalistas e a julgar pelos inquéritos, os socialistas com alguns deputados mais do que o PP vai ser quem governe e ai está a nossa oportunidade de seguir logrando para nosso país transferências e bem estar. Traduze-se em mais escolas infantis, mais apoio para nossos maiores, mais transferências como a de transito (trafico), etc..
O nove de Março vai ser um grande dia para a Galiza se logramos acordar do nosso estado de letargo histórico.
Avante toda!!
Ricardo Windsor Aveiro.
Madrid.

Segunda-feira, Março 19, 2007

Grave erro do Instituto Xeográfico Nacional na toponimia galega

**DINFUDE E PARTICIPA!**



Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija? Nós
dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional . Este
órgano do Ministerio de Fomento fai uso destes e doutros moitos
barbarismos na súa páxina web: La Bola, Castrelo del Valle, Jinzo de
Limia, El Irijo, Junqueira de Ambía, Lobera, Viana del Bollo,
Villardevós, Germade, Jove, Otero de Rey, Pedrafita del Cebrero...
Envíalles cun correo esixindo o cumprimento da legalidade toponímica
<http://www.ciberirmandade.org/sitio2005/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,91/>.

Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a
Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os
topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o
deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos. Máis aínda
tendo en conta a importancia que a toponimia ten na elaboración de
cartografía, polo que o IGN debería ser especialmente coidadoso con este
tipo de grallas.

Vendo esas barbaridades case pasa desapercibido que a versión en galego
desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e
as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha
enorme falta de respecto para a cidadanía galega.

No prego que che propón enviar a CiberIrmandade, solicítase, ademais da
corrección inmediata da toponimia, que o Instituto Xeográfico Nacional
faga unha versión seria en galego da súa páxina web.

--
CiberIrmandade da Fala. http://www.ciberirmandade.org

Para deixar de recibir información da CiberIrmandade da Fala, visita
esta ligazón

Para actualizar as tuas preferencias visita esta ligazón

(non respostes a novas@ciberirmandade.org
; faino a infoxeral@ciberirmandade.org
)

Sexta-feira, Outubro 06, 2006

Declaracións de Francisco Rodríguez





O BNG NON PODE APOIAR OS ORZAMENTOS 2007 “Mentras non teñamos claro cal pode ser o aumento cuantitativo e cualitativo do que plantexamos”







“Para nós é importante que as cifras estean situadas como mínimo en 60 millóns de euros máis para Galiza”, declarou o deputado do BNG


Madrid, 5 Outubro 06. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, afirmou esta tarde en declaracións aos meios de comunicación que o BNG non pode apoiar os Orzamentos do Estado para o ano 2007 “mentras non teñamos claro cal pode ser o aumento cuantitativo, e cais dos temas básicos que plantexamos se van abordar por parte do Goberno”.

“Mentras iso non estea claro, nós non imos darlle o apoio aos Orzamentos tal e como están”, engadiu o deputado nacionalista.
Rodríguez realizaba estas afirmacións á saída da xunta mantida co Vicepresidente Segundo e Ministro de Economía, Pedro Solbes, na segunda ronda de contactos para tratar os Orzamentos que o Estado destina a Galiza para o próximo exercicio.

O parlamentar do BNG explicou que trasladara ao Ministro o que “consideramos as necesidades de Galiza. Explicámoslle cais teñan que ser os aumentos cualitativos en función desas necesidades. Sobre todo en relación con outras Comunidades que teñen un grao de desenvolvimento similar. Expuxémoslle os nosos criterios, con casos concretos e exemplificados e quedamos en que seguríamos estudando o tema a fundo pero aínda non hai acordo”.

Mínimo 60 millóns máis. As prioridades: estacións depuradoras, o ferrocarril e o agro

Francisco Rodríguez recalcou a importanza de que os cartos para Galiza se incrementen, como mínimo, en 60 millóns de euros. “Para nós é moi importante que as cifras estean situadas como mínimo en máis de 60 millóns de euros. Pero non por un capricho noso, senón en función dos temas prioritarios que son: as estacións depuradoras de augas residuais, o tema de acelerar as obras do ferrocarril e contemplar tamén a cuestión produtiva, como a relativa ao agro. Se estas cuestións non se cumpren a nós resultaríanos imposíbel respaldar os Orzamentos para o ano 2007.

Quarta-feira, Maio 31, 2006

Manifesto de Bruxelas pola Innovación e a Sociedade do Coñecemento en Galiza


Reunidos en Bruxelas, os días 29 e 30 de Maio de 2006, as persoas abaixo asinantes manifestan o seu compromiso en prol da aposta pola innovación na Galiza, creando o Grupo de Traballo BRUX-GAL POLA INNOVACION, que nace co fin de dinamizar á sociedade galega a través da difusión e concienciación, para apostar por unha política de innovación transversal desenvolvida polas partes responsables da súa implantación e mellora (administracións públicas, empresas, Universidades, centros tecnolóxicos):

O Grupo de Traballo BRUX-GAL POLA INNOVACIÓN, manifesta que:

• Galiza ten unha situación de perificidade estructural que dificulta a converxencia co resto da Unión Europea, sendo necesarias medidas de apoio para esa deficiencia e desequilibrio.

• Existen enormes potencialidades para desenvolver iniciativas de tipo empresarial e tecnolóxico en prol da innovación, sendo necesaria unha maior concenciación e cambio de mentalidade para conseguir este obxectivo, comprometéndose á difusión para concenciación.

• É necesaria unha maior inversión social en recursos humanos e capacitación profesional, e unha implantación do persoal que evite a emigración de científicos xoves e persoal técnico altamente cualificado, a fuga de cerebros, que se ven dando nos últimos dez anos.

• É necesario que o Goberno galego inste a realizar accións de tipo de concentración de estratexias, instando ás pequenas e medianas empresas a apostar por un maior investimento en innovación, polo beneficios na conversión do conocimento científico e tecnolóxico en productos e procesos de coñecemento e calidade.

• Galiza debe potenciar a creación de redes tecnolóxicas, a aposta por partillar a transferencia de tecnoloxía, e a promoción da sociedade da información como aposta pola nosa cultura e a nosa língua, e do software libre como oportunidade de desenvolvemento económico e social.


• No marco das novas perspectivas financieras da Unión Europea, Galiza debe apostar por un uso racional dos Fondos Estruturais, para que potencien a inversión en infraestructuras de tipo tecnolóxico, considerando que a frase “máis tecnoloxia e innovación e menos cemento”, resume a aposta que fixeron outros territorios da Unión Europea, que mellorarian a calidade de vida da cidadania galega.

• Recollendo as recomendacións da Comisión Europea, débese aproveitar a oportunidade de retorno de futuro que pode provocar unha aposta pola I + D +I, apostando pola creación de novos conceptos e redes de excelencia, seguindo os criterios do VII Programa Marco que vai entrar en vigor no 2007.

• O grupo constituido en Bruxelas, vai promover un gran pacto da sociedade en Galiza para apostar pola innovación como iniciativa de futuro para o desenvolvimento do noso pais, e con este fin lanzaranse diversas iniciativas que permitan a incorporación doutras persoas, empresas, colectivos e redes.



FUNDADORES:

• Ana Miranda, Voceira do BNG no Parlamento Europeo, responsable da Comisión de Emigración do BNG.

• Xavier Alcalá, Director Oficina de Programas Internacionales de I + D da Conselleria de Innovación e Industria (http://www.conselleriaciic.org)

• Antonio Pérez Casas, Asesor da Dirección de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Conselleria de Innovación e Industria (http://www.conselleriaciic.org)

• Xabier Vence, Catedrático de Economia Aplicada da Universidade de Santiago, experto en temas de I+D+I

• Miguel Ángel Fernández, Presidente Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (http://glug.es). Mesa Galega pola Innovación

• Xesús Baleato, Mesa Galega pola Innovación (http://www.mesagalega.info)

• Carlos Neira, Mesa Galega pola Innovación

• Denis Fernández Cabrera, Mesa Galega pola Innovación

• Carlos Rodríguez Garcia, GalPon-Asociación
que defende o Software Libre e en especial GNU/Linux
(www.GalPon.org)

• Javier Vázquez Lamas, Empresa Igalia (www.igalia.com)

• María Yáñez, Directora xornal electrónico Vieiros (www.vieiros.com)

• Oscar Casal, Asociación de Usuarios de Linux Universidade de Santiago (www.aulusc.org.es)

• Roberto Brenlla, Asociación Agnix de Usuarios de Software Libre (www.agnix.org)

• Xosé Manuel Rey, Asesor xurídico en Dereito das TIC. (www.datalawyers.com)

• Camilo Regueiro, Consultora Tecnolóxica Dimensiona (www.dimensiona.com)

• Manuel Muiño, Responsable Comisión Novas Tecnoloxías do BNG (www.bng-galiza.org)

• Xavier Seixo, Responsable Area de Innovación interna-Comisión Novas Tecnoloxias do BNG

• Luis Teira, Responsable Programas de aplicación social-novas tecnoloxias-Comisión Novas Tecnoloxías do BNG

Terça-feira, Maio 16, 2006

Milladoiro homenaxea a Manuel María



O próximo sábado día 20 de maio preséntase no Pazo da Cultura de Pontevedra organizado polo Concello, o disco "Unha estrela por guía" que o grupo Milladoiro dedica ao poeta Manuel María e que forma parte da programación "Manuel María: Poeta Nacional" que a Asociación Socio-Pedagóxica Galega
(AS-PG), a CIG-Ensino, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Mesa pola Normalización Lingüística veñen desenvolvendo.
Terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00 h.
Prezo da entrada: 5 euros. Venta de entradas con antelación no Teatro Principal (de 11 a 14 e de 17 a
19 horas).


Prezado Compañeiro:
Prezada Compañeira:

Pasamos a informarvos dunha serie de actividades e noticias que poden ser do voso interese.

1. Actos políticos


O 17 de maio, Día das Letras, a Mesa pola Normalización Lingüística convocou *unha manifestación en defensa da lingua galega*. O BNG chama aos seus militantes e simpatizantes a acudir a esta marcha, que sae da Alameda de Santiago ás 12.00. Por outra parte, Alberte Ansede e Pilar García Negro darán unha *conferencia *na Coruña sobre a situación da lingua o próximo luns 15 ás 20.30, na Fundación Paideia (Praza de María Pita).

A deputada pontevedresa Carme da Silva participará o luns 15, en Cambados, nun *debate sobre o novo Estatuto*. O acto é ás 16.30 no IES Francisco Asorei.

Ademais, o martes 16, a Fundación Galiza Sempre convocou en Vigo unha charla de Dionisia Pereira, emigrante galega que pertence ao colectivo das *Nais da Praza de Maio*. Este acto é ás 20.00 na Casa do Libro, en Velázquez Moreno.

2. Web nacional (www.bng-galiza.org )

O noso sitio na rede recolle a intervención de Francisco Rodríguez sobre a fraude das sociedades de investimento filatélicas . Ademais, recolle a iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria para crear o portal Mancomun.org , unha web que incluirá en breve programas de software libre en galego.

A web tamén recolle a moción presentada por Francisco Jorquera e aprobada no Senado para que Navantia-Fene poida participar na construción naval civil .


3. Axenda parlamentar


O martes 16, Francisco Rodríguez apresentará unha moción na comisión de Infraestruturas do Congreso para que se axilice a construción do AVE galego. En pleno, debátese o xoves 18 a reforma fiscal, que ten unha emenda á totalidade por parte do BNG.

No Parlamento Galego, comparecen na Comisión do Estatuto a Confederación Galega de Empresarios, a Federación Galega de Comercio, as Asociacións de Mulleres Empresarias, Xóvenes Empresarios e a Unión Profesional de Traballadores Autónomos.


4. Axenda mediática


Bieito Lobeira será o representante nacionalista en "Hai debate!", o luns 15 ás 23.30. Os temas previstos son: o acceso á vivenda, a normalización lingüística no ensino, a fraude do Fórum Filatélico e Afinsa, a eutanasia, a paralización da piscifactoría en Touriñán e a política de gasto dos fondos europeos.


Sen máis, recibe un saúdo nacionalista

Gabinete de comunicación do BNG